10 anos sen José Couso

Dossieres

Este 8 de abril cumpríronse dez anos do asasinato do cámara ferrolano José Couso nun ataque das tropas norteamericanas ao hotel Palestina de Bagdad, no que tamén perderon a vida o camarógrafo ucraíno Taras Protsyuk e o xordano Tarek Ayub.

Con motivo deste cabodano, celebráronse numerosas homenaxes en todo o Estado, nas que se lembrou que o caso aínda segue aberto e reclamouse unha investigación para xulgar aos responsábeis da súa morte.

A este aniversario sumouse este ano o Parlamento galego, que aprobou por unanimidade unha declaración institucional, proposta por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), na que reclaman "que se clarifiquen as causas" da morte do reporteiro gráfico na guerra de Iraq.

Na memoria de José Couso tamén se convoca este ano, por novena edición, o Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.

Documentación