Alan Johnston, liberado

Dossieres

Alan Johnston, o reporteiro da BBC secuestrado en Gaza en marzo, foi entregado polos seus captores a responsables de Hamas, que goberna en Gaza. O británico, de 45 anos, apareceu en aparente bo estado de saúde tras o seu cativeiro, o máis longo dun xornalista nos territorios palestinos.

Pouco despois de ser posto en liberdade, Johnston falou en directo na BBC e asegurou que "é incrible estar libre" e que pasou "momentos absolutamente terroríficos" durante o secuestro. O reporteiro apareceu ante as cámaras escoltado por milicianos de Hamas armados con rifles.

Johnston chegou nun vehículo á casa do ex primeiro ministro palestino de Hamas, Ismail Haniya, segundo unha testemuña, onde ambos os dous ofreceron unha conferencia de prensa antes de viaxar a Reino Unido a través de Israel. O reporteiro asegurou que estivo "en mans de xente perigosa e impredicible".

O correspondente da cadea británica defendeu que só sentiu próxima a súa liberación tras a toma da franxa de Gaza por Hamás e que, de non ser polos "esforzos" do movemento islamista, "pasaría moito máis tempo nesa habitación". Haniya, pola súa parte, abriu a rolda de prensa para subliñar a convicción de Hamás de que Johnston debía ser liberado e que o seu secuestro non axudaba á causa palestina.

Os seus captores, dixo Johnston, "parecían moi cómodos e seguros" ata que Hamás comezou a presionalos, momento en que se "puxeron moito máis nerviosos". Así mesmo, explicou que os seus secuestradores "ameazaron" a súa vida "en varias ocasións" e foron "xeralmente rudos" e "desagradables".

De non ser polos "esforzos" do movemento islamista, "pasaría moito máis tempo nesa habitación", dixo o reporteiro.

"Segundo pasaba o tempo, máis sentía que non me matarían", engadiu antes de explicar que foi trasladado en dúas ocasións e encadeada de mans e nocellos durante 24 horas.

Johnston definiu o seu cativeiro como "as peores 16 semanas" da súa vida, nas que mantivo unha "inmensa batalla" para "conservar a cabeza fría" ante o "enorme estrés e presión" a que foi sometido.

"Está sentado cos seus colegas da BBC na súa oficina de Gaza", segundo unha testemuña. "Está a falar con eles, ten bo aspecto" e mesmo sorri, segundo informa Reuters.

Johnston era o único correspondente occidental que traballaba a tempo completo na franxa de Gaza, e foi secuestrado o pasado 12 de marzo. foi liberado sen que se pagase ningún rescate, segundo mediadores da negociación.

O xefe da oficina da BBC en Oriente Próximo, Simon Wilson, asegurou que falar con el por teléfono que "soa ben. Soa sorprendentemente sereno... e cansado". "Só quere dicir grazas a todo o mundo ", explicou antes de engadir que puido escoitar as novidades a través da radio da BBC.

Os seus captores, o denominado 'Exército do Islam', relacionado con Al qaeda, mostraron a Johnston en dous vídeos difundidos por Internet. No primeiro aseguraba que o estaban a tratar ben e no segundo deles aparecía cun cinto de explosivos e explicaba que os seus captores o detonarían se tentaban liberalo nun asalto.

A mediación de Hamas

A facción Hamas, desexosa de mostrar a súa capacidade para pór orde na revolta franxa de Gaza tras o enfrontamento con Al Fatah do que saíron vitoriosos, aumentara nos últimos días a presión sobre os secuestradores para que o liberasen.

De feito, Jaled Meshaal, líder de Hamas, asegurou que a liberación de Johnston demostrou que o seu grupo impuxo a paz tras a loita con Al Fatah. "fomos capaces de pechar este capítulo. Os esforzos de Hamas levaron á liberación de Alan Jonhston", asegurou nunha entrevista telefónica a Reuters.

Hamas e o 'Exército do Islam' intercambiaron prisioneiros nos últimos días, dentro das negociacións para a liberación de Johnston.

O reporteiro incorporouse ó servizo de noticias da BBC en 1991 e pasou a metade dos 16 anos transcorridos desde entón de correspondente en países como Usbequistán e Afganistán. Durante os tres últimos anos, o reporteiro vivía e traballaba en Gaza, un posto que proxectaba abandonar a finais de marzo.

EL MUNDO/AXENCIAS
GAZA

Documentación