Código de autorregulamento dos medios

Dossieres

O Goberno propuxo aos medios un código de autorregulamento para o tratamento da información relacionada coa violencia de xénero, co fin de evitar a repetición de crimes machistas. Tentan adoptar medidas como a de evitar que as novas saian en horario infantil.

O portavoz na materia de ERC, Georgina Oliva, suxeriu a posta en marcha dun código ético para medios de comunicación, como nova medidas de protección.

Propuxo o dereito a non declarar diante do presunto agresor (mamparas ou medios audiovisuais); unha modificación da lei reguladora da orde de protección para que os xuíces teñan que motivar a denegación da protección; e que os fiscais continúen de oficio o trámite da denuncia, a pesar de que esta sexa retirada.

O código de autorregulamento incluiría medidas como a de non mencionar ningunha razón pola que se levou a cabo o crime ou que na información non se dixese o número de coiteladas que levou a vítima.

Documentación