ERE en ABC Punto Radio tras o acordo coa Cope

Dossieres

O pasado 19 de decembro, Vocento e a Cadena COPE nunciaban un acordo polo que se asociaban as emisoras propiedade de Vocento, integradas na cadea ABC Punto Radio, coas emisoras que compón actualmente a rede de COPE.

O acordo, ademais do uso dos postes de Vocento por parte da Cope, levou á presentación dun ERE para a eliminación de 136 postos de traballo na emisora ABC Punto Radio, que se suma aos despedimentos que xa realizara Vocento noutros medios.

A medida xerou numerosas protestas entre os traballadores, que mesmo chegaron a propor crear unha emisora online de forma cooperativa para salvar ABC Punto Radio.

O 18 de xaneiro comezaban as negociacións do ERE entre a empresa e os representantes dos traballadores, que culminaron este 28 de xaneiro cun acordo que contempla una indemnización de entre 25 e 38 días por ano traballado e o cese da actividade o vindeiro 28 de febreiro.

Documentación