ERE en 'La Región' de Ourense
O Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado por La Región de Ourense é un dos últimos casos de decisións adoptadas por empresarios que afrontan a crise a costa exclusivamente dos traballadores.
A Xunta Executiva Federal da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), da que forma parte o Sindicato de Xornalistas de Galicia, reunida na finde semana pasada en Santiago de Compostela, mostrou a súa solidariedade aos traballadores dese medio de comunicación e reclamou das autoridades laborais e políticas que esixan aos empresarios a procura de posibles solucións antes que os despedimentos. A FeSP levará a cabo todas as accións necesarias para facer fronte a estas agresións empresariais, mediante os comités de empresa deses dous medios.
A FeSP pediu ao Goberno e ás administracións autonómicas e municipais que condicione calquera posible axuda ás empresas xornalísticas ao mantemento dos postos de traballo. Ademais, a autoridade laboral non debe autorizar ningún ERE dos que presentan algúns empresarios aproveitando a crise como escusa para reducir os custos.
Desde a presentación do ERE de La Región a finais de outubro, os traballadores do xornal teñen realizado numerosas mobilizacións e actos contra esta decisión que afectaría a 35 traballadores, un 23% do persoal actual. Neste dossier recollemos informacións sobre os actos realizados e as mostras de solidariedade.
CPXG / SXG