Fracasa o acordo entre a CE e Google
A investigación que desde 2010 tiña aberta a Comisión Europea sobre a posición de Google no mercado da prensa dixital parecía nas últimas semanas que ía chegar ao final coa sinatura dun acordo amistoso co buscador, conseguido polo actual comisario de Competencia, Joaquín Almunia.
Porén, a presión dos editores, dos grupos rivais e mesmo dos gobernos de Alemaña e Francia, partidarios dun maior control sobre Google, aumentaran a presión contra este acordo, e este luns 8 de setembro Almunia declaraba que se lle esixirían ao buscador novas solucións.
Neste dossier recollemos algunhas das informacións xeradas arredor das conversas entre a Comisión Europea e Google, así como tamén do debate producido en España a raíz da petición da AEDE de implantar unha "Taxa Google" na reforma da Lei de Propiedade Intelectual.
CPXG