Futuro incerto en Intereconomía

Dossieres

O Grupo Intereconomía continúa a súa crise, e o seu futuro semella ser cada día máis incerto. Tras realizar dous EREs e entrar en concurso de acredores, nuns días será desaloxado da súa sede para trasladarse a un polígono de Leganés.

A medida provocará que tanto a televisión como as radios do grupo (Radio Intereconomía e Radio Intercontinental) emitan programación enlatada durante o verán, o que intranquilizou aos traballadores. Tamén se aproveitará o paro para fusionar as empresas.

Neste dossier recollemos algunhas das novas sobre as dificultades económicas do grupo.

Documentación