Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra a muller

Recursos

Existe un amplo consenso sobre principios básicos que os profesionais dos medios de comunicación debemos ter en conta no tratamento da información sobre a violencia machista; son postulados  recollidos en códigos autorreguladores, suscritos por medios de comunicación, colexios profesionais e asociacións de xornalistas, e respaldados unánimemente polos organismos públicos de protección e defensa dos dereitos da muller.

Instamos a tódolos medios de comunicación e xornalistas que desenvolven o seu traballo no noso ámbito a tratar os casos de violencia contra a muller -física, psicolóxica ou sexual- como un problema social de primeira orde, derivado dun modelo patriarcal que está na orixe da desigualdade.

QUE PODES FACER

Acode a expertas en materia xurídica, psicolóxica e policial para contextualizar informativamente o problema social da #ViolenciaMachista. 

Non esquezas o 016 nas túas informacións sobre #ViolenciaSexista. Menciona os recursos para a seguridade e a protección contra o #Maltrato.

Divulga casos das #Superviventes que superaron con éxito a violencia. E non esquezas nunca a difusión das sentenzas xudiciais de #Condena. 

Dalle espazo e voz aos homes que defenden a igualdade e rexeitan abertamente as estratexias de dominación e control do #Patriarcado 

Os medios deben abandeirar a loita contra a #Misoxinia e a #DesigualdadeDeXénero expresando claramente o rexeitamento social ao machismo. 

OLLO!

A #ViolenciaMachista é un Atentado contra a Liberdade e os DDHH que enraíza no #SupremacismoDeXénero: non a despraces ao bloque de Sucesos

Titula con rigor. Evita expresións eufemísticas que atenúen a responsabilidade criminal dos #MaltratadoresViolentos e dos #Asasinos

O efecto narcotizante de fórmulas manidas («outro caso máis de...») dificulta a función dos medios na erradicación da #ViolenciaContraAMuller 

Subliña o #Agresor como único responsable. Obvia os comentarios que culpen a vítima ou banalicen a agresión. A violencia nunca se xustifica. 

Ante a #ViolenciaMachistaOuSexual, rexeita detalles morbosos e imaxes que poñan en perigo a integridade física ou psicolóxica da agredida. 

Impide a difusión acrítica de #EstereotiposSexistas e informacións que presenten a muller nun papel subalterno ou dependente.

FONTES

Concellos - Centros de Información á Muller (emprazamento e teléfonos)  
http://igualdade.xunta.gal/es/recursos/centros-de-informacion-las-mujeres

Deputacións
Pontevedra 
http://www.depo.es/es/servicios-igualdade 

A Coruña 
https://www.dicoruna.es/servizos-sociais/normativa/igualdade/

Xunta de Galicia
http://igualdade.xunta.gal/es 

Policía Autonómica de Galicia

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad
http://www.violenciagenero.msssi.gob.es/

Gabinete de Prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG 
981 182 173 | 618 382 457
comunicacion.tsxg@xunta.es

Xulgados específicos de Violencia sobre a Muller na Coruña e Vigo
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superioresde-Justicia/TSJ-Galicia/Organos-judiciales/Directorio-de-organos-judiciales/

Observatorio de Violencia de Género
http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Violencia-domestica-y-de-genero/El-Observatorio-contra-la-violencia-domestica-y-de-genero/

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
https://copgalicia.gal/ 

Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
http://www.traballosocial.org/presentacion/

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
http://xornalistas.gal/biblioteca/medios-de-comunicacion-e-violencia-de-xenero-declaracion-de-compostela/

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
http://ceesg.org/

Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia
http://www.steg.gal/

Áreas da muller dos sindicatos 

Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Univesidade de Coruña. 
https://www.udc.es/sociedade/igualdade/estudosxenero.html

Servizo de Igualdade e Conciliación da Universidade de Granada 
http://directorio.ugr.es/static/PersonalUGR/*/show/11e9041634dde369992f134ba40be3e6

Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade  da Coruña
https://www.udc.es/oficinaigualdade/

Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago
http://www.usc.es/gl/servizos/oix

Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo
https://uvigo.gal/uvigo_es/vida/igualdade/

 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS 

Algunhas guías para o tratamento nos medios da Violencia contra a Muller. 

A Autorregulamentación dos medios públicos galegos
http://www.crtvg.es:8012/files/Recomendacions2015.pdf

O Manual de Estilo de RTVE 
http://manualdeestilo.rtve.es/cuestiones-sensibles/5-5-tratamiento-de-la-violencia-contra-las-mujeres/

As Recomendacións do Consejo Audiovisual de Andalucía http://www.consejoaudiovisualdeandalucia.es/sites/default/files/recomendacion/pdf/1606/guia_violencia_de_genero.pdf

Autorregulamentación dos medios cataláns
http://www.cac.cat/pfw_files/cma/actuacions/Autorregulacio/Recomanacions_viol_ncia_masclista_es.pdf

Recomendación da Asociación da Prensa de Aragón
http://www.aparagon.org/actividades/apa/tratamiento-de-la-informacion-sobre-violencia-machista-en-los-medios-de-comunicacion/

O Protocolo para o Tratamento Informativo da Violencia de Xénero e as Agresións Sexuais na Rioxa
http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/TRATAMENTO_INFORMATIVO_RIOXA%5B1%5D.pdf

Conclusión das Xornadas para o Tratamento Informativo da Violencia Machista. Madrid, 2015 http://www.tmex.es/wp-content/uploads/2015/11/decalogo2.pdf 

Ferramentas para o uso de linguaxe non sexista

http://www.inmujer.gob.es/servRecursos/formacion/materiales/nombraEnRed.htm
https://igualdad.uniovi.es/nosexista

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza 
http://www.feminismo.info/webgalego/

Plataforma Feminista Galega 
http://feminismo.eu/pfg/

Velaluz 
http://www.asociacionvelaluz.es/

Rede Galega contra a Trata 
http://redegalega.blogspot.com.es/

Forum de Política Feminista
http://www.forumpoliticafeminista.org/

ONU Mujeres 
http://www.unwomen.org/es/what-we-do/leadership-and-political-participation/media

Resolución da ONU do 23 de febreiro de 1994 

Fundamental Rights Agency-European Union 
https://www.google.es/search?q=mujer+ue&ie=utf-8&oe=utf-8&client=firefox-b&gfe_rd=cr&ei=Td6qWNmRHJLY8geiroL4CA#q=violencia+de+genero+u

OUTROS ENLACES DE INTERESE

Publicidade non sexista (Indicacións para detectar o sexismo na publicidade)
http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/indicacioins_para_detectar_o_sexismo_na_publicidade.pdf

Micromachismos
http://www.luisbonino.com/pdf/mM96.pdf

Guía para pais/nais con fillas que sofren violencia machista
http://www.juntadeandalucia.es/iamimages/FONDO_DOCUMENTAL/PUBLICACIONES/MONOGRAFIAS_Y_OTRAS_PUBLICACIONES_DE_CARACTER_MONOGRAFICO/GUIAS_Y_MANUALES/guia_padres-y_madres_con_hijas_adolescentes_que_sufre_violencia_de_genero.pdf

Documentación