Informa_Dor: Guía práctica para o tratamento informativo de emerxencias, catástrofes e persoas desaparecidas

Recursos

As emerxencias e catástrofes son coberturas informativas especialmente delicadas e complexas. Nestas situacións, os medios cumpren unha importantísima función social que deben asumir con responsabilidade. Deles depende a transmisión de informacion á cidadanía con rapidez e rigor. O dereito á información debe facerse compatible co dereito á intimidade das vítimas e as súas familias, cuxo sufrimento e privacidade cómpre respectar e comprender. 

As autoridades deben incluír a asistencia aos medios de comunicación entre as súas prioridades na intervención en emerxencias e subministrar regularmente información contrastada. A falta de transparencia e dunha xestión adecuada das canles de comunicación cos medios poden propiciar que se recurra a fontes pouco fiables. 

É imprescindible que as empresas periodísticas contribúan a que os profesionais estean en condicións de respectar os principios deontolóxicos neste tipo de informacións e que eviten o sobredimensionamento e a espectacularización. Cómpre que reparen en que a cobertura de emerxencias e catástrofes pode tamén afectar os profesionais e que faciliten a súa formación e especialización. 

QUE PODES FACER

Na información sobre #Emerxencias prioriza as fontes expertas. Verifica os testemuños e as mensaxes difundidas en redes sociais.

Pon o foco nas vidas das #Vítimas de #Emerxencias. Antes de difundires os seus datos, confirma que as familias xa foron informadas

En #Emerxencias usa con tino as imaxes de arquivo. Contrasta e edita as gravacións de terceiros. Advirte a audiencia de imaxes sensibles. 

Fai seguimento no tempo das #Emerxencias. Contextualiza os feitos e profundiza nas causas, máis alá do suceso illado.

Visibiliza os casos de #Persoas Desaparecidas. Respecta os espazos escollidos pola familia para informar. Difunde as imaxes oficiais.

OLLO!

O rigor é primordial na cobertura de #Emerxencias. Non difundas información sen contrastar nin te precipites ao atribuír responsabilidades.

Rexeita a linguaxe efectista e o tremendismo cando informes sobre #Emerxencias. Prescinde de datos superfluos e morbosos

Respecta a dor das #Vítimas e as súas familias. Non as presiones para que falen nin tomes imaxes sen consentimento. Protexe os menores.

Non uses imaxes que degraden as #Vítimas. Desbota primeiros planos de persoas feridas e en shock. Evita a reiteración de imaxes.

As #Persoas Desaparecidas están en situación vulnerable, non especules. Manexa con coidado datos persoais e imaxes, sobre todo de menores.

FONTES

Gabinete de Prensa de Vicepresidencia 
981 557 345 | 981 541 234 | 981 957 298
prensa.cpr@xunta.gal

Axencia Galega de Emerxencias (Axega)

Instituto de Medicina Legal

Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)

Gabinete de prensa 112
981.541.446 | 981.541.401
http://www.112galicia.org

Prensa Delegación do Goberno
639.50.88.58

Gabinete de prensa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
981 182173 - 618382457
comunicacion.tsxg@xunta.gal 

Policía Nacional
981 16 63 00

Garda Civil 
981 167813 | 659 947 265 
c-cmd-coruna-opc@guardiacivil.org

Servizo Galego de Saúde (servizos centrais)
881.54.27.21 | 881.54.29.64 | 881.54.27.17
prensa@sergas.es

Urxencias Sanitarias de Galicia 061
881546405 | 606.936.749
prensa.061@sergas.es

Axencia Doazón Órganos e Sangue de Galicia (ADOS):
881.54.69.20 | 696.403.952
doadoressangue.ados@sergas.es

Agrupacións de Protección Civil
http://www.anavproteccioncivil.es/agrupaciones

Grupos de emerxencias supramunicipais (GES)

Bombeiros Públicos de Galicia
pbpgalicia@gmail.com 

Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia
mibgalicia@gmail.com 

Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 
981. 534.049 | copgalicia@copgalicia.gal

Asociación SOS Desaparecidos Galicia
645 07 52 93 | 606 25 22 08
sosgalicia@sosdesaparecidos.com
 
Fundación por las personas desaparecidas QSD Global
info@qsdglobal.com

OUTRAS RECOMENDACIÓNS 

Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe
http://xornalistas.gal/biblioteca/decalogo-de-recomendacions-para-medios-e-xornalistas-de-sucesos-de-catastrofe/

Recomendacións do Consell de l'Audiovisual de Catalunya sobre o tratamento informativo das traxedias persoais
http://www.mesadiversitat.cat/pfw_files/cma/actuacions/autorregulacio/recomanacions_trag_dies_es.pdf

Recomendacións éticas ou deontolóxicas para o tratamento periodístico e mediático de catástrofes (FAPE):
http://www.comisiondequejas.com/wp-content/uploads/2015/09/85.pdf 

Asociación da Prensa de Madrid: Decálogo de recomendacións para informar sobre traxedias na era dixital
http://www.apmadrid.es/decalogo-de-recomendaciones-para-informar-sobre-tragedias-en-la-era-digital/

Libro de estilo de EiTB (pautas de tratamento informativo de traxedias, catástofes e accidentes)
http://www.eitb.eus/multimedia/corporativo/documentos/Libro-Estilo-EiTB-20160929.pdf

Informar sobre accidentes aéreos. Guía para periodistas (COPAC)
http://www.copac.es/wp-content/uploads/2016/11/Informar-sobre-accidentes-aereos-guia-para-periodistas.pdf

MÁIS INFORMACIÓN

Lei de Emerxencias de Galicia
http://www.112galicia.org/sites/default/files//docs/normativa_autonomica/NormAut1.pdf?530 

Plans de emerxencia (PLATERGA e plans específicos):
http://cpapx.xunta.gal/plans-de-emerxencia

Mapa de emerxencias de Galicia:
http://www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=577731&name=DLFE-16914.pdf

Manual de verificación. Guía para verificar contido dixital en emerxencias, do European Journalism Centre (EJC):
http://verificationhandbook.com/downloads/manual.de.verificacion.pdf

Dart Center for Journalism and Trauma (Universidade de Columbia). Recursos para xornalistas que cobren noticias sobre violencia e desastres (inglés):
http://dartcenter.org