Guía práctica para o tratamento informativo dos suicidios

Recursos

O suicidio é a primeira causa de morte por motivos non naturais en España. É, por tanto, un grave problema de saúde pública. Os medios de comunicación teñen a obriga de ofrecer información responsable sobre este tema que, na realidade, se aborda en contadas ocasións ( cando a vítima é un personaxe notorio ) ou faise vinculándoo a outro asunto ou circunstancia social ( violencia de xénero, desahucios, etc. ). Na meirande parte dos casos trátase coma un suceso no que cobra especialmente interese informativo o método de suicidio máis cás propias circuntancias ou antecedentes persoais da vítima que o levaron a adoptar esa decisión. Non se fala, por exemplo, da prevención do suicidio ou que medios e saídas hai dispoñibles para evitar esa morte ou como se pode atender os afectados.

QUE PODES FACER

Fala sobre as mortes por #Suicidio, pero tamén sobre os factores de risco e os medios  de #Prevención.

Sigue as recomendacións da @opsoms para informar dun xeito responsable, exacto e útil.

Trata as noticias sobre #Suicidios como un tema de saúde.

Enfócao como un fenómeno multifactorial, no que poden interaccionar varios factores.

Promove a ruptura de tabús, estigmas e silencios en torno ao #Suicidio.

Traballa estreitamente coas autoridades de saúde na presentación dos feitos. Emprega sempre fontes fiables e expertas.

Hai alternativas ao #Suicidio. Informa sobre liñas de axuda e recursos, servizos de #SaúdeMental ou #AtenciónPrimaria.

OLLO!

Non informes dos #Suicidios como algo simplista.

Quita estas noticias da sección de sucesos e dos titulares.

Non banalices nin cubras dun xeito sensacionalista ou morboso as noticias sobre #Suicidios.

Non describas con detalle o método empregado, nin publiques fotografías nin fagas publicidade dos escenarios habituais de #Suicidio.

Non glorifiques as vítimas do #Suicidio, por exemplo en casos de famosos.

FONTES

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia 
981 534 049 |  copgalicia@copgalicia.gal 
https://copgalicia.gal

Asociación Galega de Saúde Mental
http://www.agsm-aen.org/

Asociación Galega de Psiquiatría
http://www.psiquiatriagallega.org

Colexio Oficial de Médicos (Especialidad Psiquiatría). Ámbito territorial: provincial

Xunta de Galicia, Consellería de Sanidade
http://www.xunta.gal/sanidade

Unidade de Prevención de Suicidios de Ourense (Unidade de Saúde Mental do CHOU)

IMELGA
http://cpapx.xunta.gal/instituto-de-medicina-legal-de-galicia1

Instituto Galego de Estatística
https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl

Sociedad Española de Psiquiatría
http://www.sepsiq.org/

Consejo General de la Psicología de España
http://www.cop.es

Consejo General de Colegios Médicos de España
http://www.cgcom.es

Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad
https://www.msssi.gob.es/

Teléfono de la Esperanza
http://www.telefonodelaesperanza.org

 

OUTRAS RECOMENDACIÓNS 

Recomendacións da OMS para o tratamento dos suicidios nos medios de comunicación:
http://www.who.int/mental_health/media/media_spanish.pdf

Manual de estilo de RTVE sobre o tratamento do suicidio:
5.12. Tratamiento del suicidio | Manual de Estilo de la Corporación RTVE

Recomendacións do Consello Audiovisual de Cataluña sobre o tratamento do suicidio:
https://www.cac.cat/pfw_files/cma/actuacions/recomanacions_suici_cast.pdf 

Documentación