Medios de Comunicación e Violencia contra as Mulleres (2004)

Publicacións

Para abordar a violencia contra as mulleres, non abonda con sermos solidarios coas víctimas. É preciso afrontalo como unha lacra a eliminar, reforzar a sensibilidade social e os todos os niveis de intervención polos que pasa unha muller maltratada.

Máis alá da súa dimensión criminal, que comporta a reivindicación dun plano integral de base xurídico-política para combatila, a violencia que sufren as mulleres representa entre nós un gravísimo problema social. Para abordalo, non abonda con sermos solidarios coas víctimas. É preciso afrontalo como unha lacra a eliminar. Para o que cómpre reforzar a sensibilidade social, e os conseguintes niveis de intervención en todas e cada unha das fases polas que unha muller maltratada se ve obrigada a pasar. Isto sería imposíbel sen o aporte dos medios de comunicación. E sen que se intensifiquen as relacións que necesariamente teñen que establecerse entre os medios/xornalistas e a multiplicidade de fontes ás que aqueles recurren para unha cualificada cobertura informativa do feito violento e das súas consecuencias. Faise, pois, imprescindíbel unha alianza estratéxica entre os xornalistas, a cidadanía activa e os constructores de discursos teóricos sobre os medios. Ese foi o obxectivo desta Xornada de reflexión e debate que tivo lugar en Santiago o 16 de outubro de 2004.

Documentación

Descargar todo