Réndeselle homenaxe a Politóvskaya no día da súa onomástica
Centos de persoas rendéronlle homenaxe á asasinada xornalista rusa, Anna Politkóvskaya, no centro de Moscova, no que fora o seu 49 aniversario, e depositaron frores ás portas do seu domicilio.
Políticos opositores como Garry Kaspárov e Vladímir Rizhkov, e activistas como Lev Ponomoriov e Luidmila Alekséyeva interviñeron no mitin celebrado na céntrica praza Pushkínskaya, informou a emisora de radio Eco de Moscova. Moitos dos asistentes ó acto portaban flores e fotografías da xornalista, asasinada no portal do seu domicilio en Moscova, o 7 de outubro do pasado ano 2006.
Seguidamente, varias decenas de persoas desprazáronse á residencia da xornalista Politovskaya para depositar ramos de flores. Ó acto tamén asistiron o líder do prohibido Partido Nacional Bolxevique, Eduard Limonov, e o presidente da Fundación de Defensa da Glásnost, Alexéi Símonov.
Doutra banda, a Ficalía Xeral rusa puxo en liberdade dous sospeitosos en relación co asasinato da xornalista Politovskaya, segundo fontes xudiciais.
"Alexéi Berkin e Oleg Alimov foron postos en liberdade", sinaloulle a fonte á axencia RIA-Nóvosti. O fiscal xeral, Yuri Chaika, anunciou o luns pasado a detención de dez persoas, incluído o autor material do asasinato de Politkóvskaya o 7 de outubro de 2006. Ao día seguinte, a Fiscalía rusa presentou cargos contra catro chechenos, tres deles irmáns, por "complicidade" no asasinato da xornalista.
GALICIA HOXE/EFE
MOSCOVA