Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

  1. Coléxiate
  2. Os teus datos
  3. Documentación
  4. Pagamento

Mediante este formulario podes tramitar a túa colexiación online e escoller a modalidade de pagamento que queiras. Deberás achegar certa documentación escaneada que che indicaremos, e que depende da túa situación laboral actual.

Aínda non es colexiado/a?

Facerse membro do Colexio é o mellor xeito que temos de defender a profesión e contar co seu amparo. Ao estares colexiado/a, contarás cun organismo que actúa constantemente na defensa da profesión a nivel ético, competencial, de dereitos e laboral. Asemade dispós de todas as vantaxes para acrecentar a túa formación continua e accederás a descontos moi favorecedores en diferentes productos e servizos.

Non me importa que os demais membros do Colexio vexan o meu perfil (podes mudar esta opción e a túa información máis adiante).
Cubre o formulario cos seus datos e revisarémolos para engadilo na nosa base de datos.

Documentación escaneada

Anexa unha fotocopia da túa titulación ou o expediente académico no que conste que superaches o primeiro ciclo.

Só para comunicadores audiovisuais

Se es titulado/a en Comunicación Audiovisual, necesitamos que nos envíes un certificado da empresa onde traballas que especifique que realizan labores informativos.

Fotografía tipo carné

Sube unha imaxe túa de cara e mirando de fronte á cámara. Non aceptamos imaxes onde saias de perfil nin de corpo enteiro.

Escaneado das dúas caras

Engade un ficheiro co teu DNI escaneado polas dúas caras. Non importa que o escaneado sexa a cor ou en branco e negro.

Descarga e completa a autorización SEPA para domiciliar as cotas

Texto-explicación-autorizacion-sepa

Opcións de pagamento

Ao que remates este proceso, crearemos o teu perfil na web con estes datos. A continuación deberás escoller unha forma de pagamento para aboar a cota inicial. Non terás acceso á comunidade ata que completes este proceso.

O CPXG garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos usuarios e o seu tratamento automatizado segundo a lexislación vixente sobre protección de datos de carácter persoal (Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, así como toda a normativa aplicable a esta materia).

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros automatizados polo CPXG coa fin de informar axeitadamente os colexiados e colexiadas.