Os órganos de goberno do CPXG son a Decana, a Xunta de Goberno, o Pleno Territorial e a Asemblea escollidos por sufraxio universal, libre, directo e anónimo.
Os órganos de goberno do Colexio de Xornalistas son o Decano, a Xunta de Goberno, o Pleno Territorial e a Asemblea. Os seus membros son elixidos cada catro anos polos membros do CPXG por sufraxio universal, libre, directo e anónimo.
A Xunta de Goberno está formada pola decana, unha vicedecana e dous vicedecanos, secretario, tesoureira e 10 vogais, mentres que o Pleno Territorial está formado pola Xunta de Goberno e os representantes das sete demarcacións territoriais do Colexio, órganos consultivos que aportan seis membros por Santiago, catro da Coruña, tres de Vigo e Lugo e dous por cada unha das demarcacións de Pontevedra, Ferrol e Ourense.
Podes ver aquí o discurso de toma de posesión dos decanos e decanas en 2024, en 2020, en 2016, en 2012, en 2008 e en 2004.