Biografía

Directora de contidos e informativos da Cadena SER en Galicia, emisora na que desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional. Nos últimos años dirixiu e presentou programas informativos e de entretemento. En 2013, o equipo que encabeza obtivo o premio Ondas á mellor cobertura informativa polo traballo realizado durante a traxedia de Angrois. Foi responsable de información política na Cadena SER e na Cope, neste caso durante tres anos. Nos inicios da súa carreira traballou en Ondas Galicia e en Los 40 Principales.