Biografía

Ferrol, 1959. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Casado e tres fillos. Comeza o exercicio do xornalismo, tras remata-los estudos universitarios, na súa cidade natal, en Radio Ferrrol (Cadea SER) en 1986. Un ano despois trasládase a Santiago, onde sigue vinculado á Cadea SER en Radio Galicia. En 1988 entra a traballar na Radio Galega, onde dirixe o informativo Galicia, Primeira Hora. Foi nomeado Redactor-Xefe e, posteriormente, Xefe de Informativos da emisora pública.  Posteriormente, e ata 2005, dirixiu diferentes programas informativos na Televisión de Galicia (Telexornal Serán, A Chave, Reporteiros e Semanal), ademais de presentar varios informativos especiais e transmisións. En outubro de 2005 reincorpórase á Radio Galega onde desenvolve actualmente o seu labor xornalístico. Ten estudos de Dereito e recentemente publicou o libro Maestro Mateo, en Edicións Nigratrea. Foi Secretario da Xunta de Goberno en 2008-2012.