Biografía

Naceu en Pamplona, no ano 1974. Licenciada en Comunicación Audiovisual na facultade de Ciencias de la Información de la Universidad de Navarra no ano 1997. Posgrao na USC en Comunicación Audiovisual na Era Dixital. Durante os seus estudos foi bolseira da Productora EuroView e cursou un ano de Erasmus na Technische Universität Dresden (Alemaña), (1995-1996). Comezou a súa carreira profesional na redacción de Radio Voz Compostela en 1997 para despois, dende 1999, desenvolver a función de redactora na axencia Atlas Galicia para Informativos Telecinco. En 2002 pasa a formar parte do equipo do talk show Que boa tarde de emisión diaria na TVG. Ese ano, ingresa en Radio Galicia Cadena Ser e dende entón forma parte da redacción de informativos. Anteriormente foi vocal na Xunta de Goberno do CPXG (2004-2008) e ata a actualidade exerce de representante da demarcación de Santiago.