Biografía

Marcos Mosquera Domínguez naceu na Coruña no ano 1975. Licenciado en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela en 1997, comezou a súa andaina profesional en Radio Coruña Cadena Ser en 1995 onde continuou ata 2000 cun breve paso, dous meses, pola redacción de RadioVoz Compostela. Incorporouse a La Opinión A Coruña en agosto de 2000, dous meses antes de que o xornal saíra á rúa.  Na actualidade, é redactor xefe deste xornal. Formou parte da Xunta de Goberno do CPXG no periodo 2008-2012.