Biografía

Rita Alonso Pérez naceu en Goián (Pontevedra ) en 1961. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Con formación en Imaxen e Son, comezou traballando na radio con prácticas e contratos en Radio Popular de Vigo e Radiocadena na Coruña e Monforte. Dende 1985 traballa en TVE, na Unidade Informativa de Vigo.