Biografía

Manuel V. Sola (Vigo, 1963) é director da axencia e consultora de comunicación Punto GA Comunicación. Entre 1986-2008 traballou como xornalista en Radio Noroeste, Radio España, Atlántico Diario, Xornal Diario (xefe da sección de Local Pontevedra), Diario 16 (sección de Economía), La Voz de Galicia (delegado en Vigo e corresndende de Economía) e El País (redactor de Economía). Especialidade en xornalismo económico. Autor do libro El triángulo gallego (1997), membro da directiva de Dircom Galicia,  fundador do extinguido Sindicato da Información de Galicia en 1992 e vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (2006-8). Dende finais de 2008 adícase á comunicación corporativa de empresas e institucións. Foi director de Comunicación de Caixa Galicia, de Novacaixagalicia, de Evo Banco e de Novagalicia Banco.