Biografía

David Lombao (Lugo, 1985). Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina laboral nos informativos de Radio Galicia - Cadena SER, onde previamente realizara as prácticas (2006-2007). Posteriormente, traballou na delegación compostelá de Radio Voz (2007-2008), igualmente nos seus servizos informativos, dende os que tamén colaborou con La Voz de Galicia. Dende 2008 traballa en Xornal de Galicia como redactor da súa sección política, na que continuou ata 2011, cando pechou o medio. A finais daquel ano incorpórase ao equipo que ía poñer en marcha o novo xornal Praza Pública, que se publica dende o 1 de febreiro de 2012. Dende outubro de 2013 é director de Praza.gal. Paralelamente, vén colaborando con outros medios como a revista Luzes, eldiario.es, Tempos Novos ou diversos espazos da CRTVG.