Biografía
Marta Fernández Corral (Ferrol, 1985). Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela exerce como xornalista autónoma. Fundou en 2013 o xornal dixital comarcal Ferrol360, onde traballa na actualidade, mais tamén colabora con El Español desde 2017. Asinou dúas pezas documentais: 'La Malata, 1986' (Premio Luis Mera do Club de Prensa de Ferrol) e '¡Esto se cae!'. Participa en diversos proxectos de comunicación corporativa e pertence á asociación Xornalistas Galegas.