Biografía

Valeria Pereiras Reza (Castrelo de Miño, 1981). Xornalista, tamén licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Comezou no oficio na radio, pero desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional como redactora de informativos na Televisión de Galicia. Actualmente, é a responsable da coordinación de contidos da revista Luzes, tanto na súa versión impresa como en liña. Tamén colabora con distintas publicacións, traballa como freelance en proxectos de comunicación –vencellados na súa maioría ao eido cultural–, e forma parte do proxecto Mentoring da USC.