Biografía
José Luis Ramudo Ramudo é da parroquia de Lanzós, en Vilalba, aínda que naceu en Andorra la Vella en 1978. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira xornalística como redactor do diario El Progreso, nas delegacións de Terra Chá e A Mariña. Posteriormente, comezou a traballar como redactor de informativos en Cope Lugo ata que se fixo cargo da apertura da emisora de Vilalba e do seu funcionamento durante catro anos. De regreso a Cope Lugo asumiu a xefatura de Informativos e hoxe é xefe de Redacción da emisora lucense. Tamén é correspondente da axencia EFE e colaborador de opinión no diario El Progreso. Durante a súa carreira tamén traballou para o portal Agroprofesional.com, a Axencia Galega de Noticias (AGN) e o diario económico Nova+. Colaborou coa editora da revista agraria Afriga, con Campo Galego e con Telelugo. Tamén coa revista Luzes de xeito puntual. Foi coordenador do anuario 12 Meses e tamén da revista 40 anos contigo, publicada con motivo do corenta aniversario de Cope Lugo. Tamén é autor do libro Medio siglo de radio, que recolle a historia de Radio Popular nesa provincia.