Biografía

Naceu en Carballo en 1989. Graduado en Periodismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e máster en Márketing, Consultoría e Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira en 2010, no Grupo Voz, traballando nas edicións locais de La Voz de Galicia en Carballo e A Coruña, na sección de Galicia e na edición dixital do xornal, así como en Radio Voz Bergantiños. Entre 2016 e 2021 formou parte do equipo de GCiencia, onde comezou a especializarse en comunicación científica. De 2021 a 2023 encargouse da comunicación do Equalsea Lab, equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente exerce como responsable de comunicación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

É autor do libro El mal sin cura de la Costa da Morte. SCA36 (Libros.com), e coautor, xunto a Eduardo Rolland, dos libros Pioneiras da Ciencia en Galicia (Galaxia) e Historias fascinantes da ciencia en Galicia (Edicións Embora). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico (2017) e o Premio Somos Esenciais (2021). Forma parte da xunta directiva da Asociación Galega de Comunicación Científica e Tecnolóxica - Divulgacción.