Biografía

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Membro da International Federation of Journalists. Comezou a súa carreira profesional en El Progreso e despois colaborou con outros medios (Galicia Hoxe, A Nosa Terra, Diario de Ferrol, Xornal de Galicia, Nós Diario e a edición galega de El País). Fundador de A Voz de Vilalba, responsable de marca de Red Alimentación de Vilalba, xefe de prensa da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia e, na actualidade, director de comunicación externa e redes sociais nunha consultora internacional de servizos tecnolóxicos. En 2011 recibiu o premio de xornalismo Johán Carballeira, en 2013 resultou finalista do premio de xornalismo cultural AELG e en 2023 foi distinguido co premio Colectivo Arraiano, como presidente da asociación 'Amigos de Prisciliano'. Pertence á xunta directiva da asociación PuntoGal, á Mesa pola Normalización Lingüística e ao foro de pensamento Galicia Debate. Tertuliano habitual en radio e TV, tamén escribe na revista bilbaína La Ría del Ocio e nos dixitais GaliciaXa e Mundiario. Autor do libro 'Pílulas de vendimario' (Lugo, Biblioteca Chairega, 2023) e dos textos do proxecto documental 'O camiño de Ramón Chao' (A Coruña, Arraianos Producións, 2023), ten varias iniciativas editoriais en marcha, entre as que destacan as escolmas de crónicas 'O mundo do Chavito' e 'De foliada en Reigada', xunto á novela de intriga 'Las voluntades ajenas'.