Biografía
Natalia Puga López naceu en Pontevedra en 1982. Licenciouse en Xornalismo na USC, cunha beca Séneca na Universidad Pontificia de Salamanca, e cursou materias de Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Pasou polas redaccións de Europa Press en Galicia, Faro de Vigo en Arousa, Umia e Pontevedra; e Diario de Pontevedra. Desde 2010 colabora con El Mundo desde Galicia e en 2012 foi fundadora do primeiro xornal dixital de Pontevedra, PontevedraViva. Na actualidade, traballa en PontevedraViva e colabora con El Mundo, Guía Repsol e 7Caníbales. Foi fundadora da ONGD Agareso e forma parte da asociación Xornalistas Galegas.