A Disposición transitoria segunda da Lei 2/2007, de 15 de marzo, de sociedades profesionais, establece a constitución dos Rexistros de Sociedades Profesionais e prazo de inscrición nos mesmos:

No prazo de nove meses contados desde a entrada en vigor desta Lei, os Colexios Profesionais e demais organizacións corporativas deberán ter constituídos os seus respectivos Rexistros Profesionais. As sociedades constituídas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei e ás que lles fose aplicable a tenor do disposto no seu artigo 1.1, deberán solicitar a súa inscrición no correspondente Rexistro de Sociedades Profesionais no prazo máximo dun ano contado desde a súa constitución.

A Lei establece que os colexiados e colexiadas deberán inscribir as súas sociedades profesionais no Rexistro de Sociedades Profesionais do seu Colexio. Os datos que deben constar son os seguintes:

•    Nº de Rexistro, outorgado polo Colexio    
•    Denominación - Razón Social
•    Domicilio    
•    Teléfono e correo electrónico, a efectos de notificacións
•    Data, Reseña identificativa e notario autorizante    
•    Actividade Profesional e obxecto social    
•    Socios profesionais e non profesionais (DNI e Número de Colexiado/a)
•    Administradores e representantes            
    
Calquera cambio haberá que comunicarllo para modificar o rexistro. Esta inscrición ten un custo simbólico de 5 € anuais en concepto de xestións.

 

Descarga aquí o formulario.