Webs amigas

Manuel María, xornalista

Web creada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, sobre o homenaxeado nas letras galegas 2016 e a súa ampla faceta como xornalista, cunha obra de preto de 1.500 artigos en case todas as cabeceiras galegas.

AGARESO |Asociación Galega de Reporteiros Solidarios

AGARESO é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais da comunicación en Galicia que están comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade.

Asociación de Medios en Galego

Formada actualmente por 15 medios: A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Cadernos de Comunicación e Análise, Certo, Compás da Costa, Crónica 3, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Quepasanacosta.com, Radiofusión, Sermos Galiza, Tempos Novos, Terra Cha Xa e Valminor.info.

Club de Prensa de Ferrol

O Club de Prensa de Ferrol é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1987 de cara ao desenvolvemento de actividades "lúdico-culturais", sempre relacionadas cos medios de comunicación.

Dominio PuntoGal

O dominio .gal é un dominio propio en internet para a lingua e a cultura galegas, que foi concedido pola ICANN en 2014, grazas á Asociación PuntoGal que encargouse de preparar e promover a candidatura.

Facultade de Ciencias da Comunicación da UdeC

Este centro da Universidade da Coruña, situado no campos de Elviña na Coruña, imparte o grao en Comunicación Audiovisual.

Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

A Facultade da USC, situada no campus norte de Santiago, imparte actualmente o dobre grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual; o grao en Xornalismo e o grao en Comunicación Audiovisual.

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo

Situada no campus de Pontevedra, a Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación ofrece os graos en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Dirección e Xestión Pública.

SXG | Sindicato de Xornalistas de Galicia

O SXG é o primeiro sindicato creado por e para os profesionais da comunicación galegos. É unha organización independente de calquera partido político. Foi constituído o 27 de febreiro de 2005 por máis de 150 preafiliados para loitar contra a precariedade laboral.

Col·legi de Periodistes de Catalunya

Organización profesional creada no ano 1985 mediante unha lei do Parlamento de Cataluña, para a regulación e defensa dos profesionais do xornalismo.

Colegio de Periodistas de La Región de Murcia

Corporación de dereito público que agrupa aos titulados en xornalismo e en comunicación audiovisual, para a representación e defensa dos seus intereses xerais e creada a partir da Lei 5/2007, de 16 de marzo do Parlamento de Murcia.

Colegio Profesional de Periodistas de Andalucia

Corporación de dereito público creada pola lei 1/2012, aprobada o 25 de xaneiro dese mesmo ano no Parlamento andaluz.

Colegio Profesional de Periodistas de Asturias

Corporación de Dereito Público, con personalidade xurídica propia, en base á Lei do Principado de Asturias 2/2015, de 20 de febreiro.

Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León

Creado pola Lei 8/2012, de 8 de novembro, para contribuír á mellor defensa dos principios deontolóxicos e ético-sociais que regulan a actividade dos profesionais da información.

Colegio Profesional de Periodistas de La Rioja

Creado pola lei 8/2013 do 27 de setembro como entidade de dereito público para acoller aos profesionais da comunicación da Comunidade

Colegio Vasco de Periodistas-Euskal Kazetarien Elkargoa

En xuño de 2012, foi aprobada a lei de creación do Colexio Vasco de Xornalistas, coa Asociación Vasca de Xornalistas-Euskal Kazetarien Elkartea encargada de dirixir o proceso constituínte.

FeSP | Federación de Sindicatos de Xornalistas

A Federación de Sindicatos de Xornalistas consituiuse o 20 de maio de 2001 coa fin de integrar aos sindicatos independentes de profesionais da información que teñen como ámbito de actuación as súas respectivas comunidades autónomas e poder representar de xeito directo aos profesionais nas comunidades onde non existan sindicatos adheridos á FeSP.

FIP | Federación Internacional de Xornalistas

A Federación Internacional de Xornalistas é a maior organización mundial de xornalistas. Fundada en 1926, recibiu un novo pulo en 1946 e adquiriu a súa forma actual en 1952. Hoxe representa a uns 600.000 xornalistas de máis dun centenar de países. Promove accións internacionais en defensa da liberdade de prensa e a xustia social.

RSF | Reporteiros Sen Fronteiras

Reporteiros Sen Fronteiras é unha organización internacional que ofrece unha axuda concreta aos xornalistas e medios de comunicación que se atopan en dificultades, ademais de desenvolver unha labor de vixiancia en todo o mundo e loitar contra a censura e o libre acceso á información.