Gaza continúa a ser o territorio máis perigoso para a profesión, con case a metade das mortes de xornalistas no 2025
Como cada ano por estas datas, a Federación Internacional de Xornalistas (FIP) e Reporteiros sen Fronteiras (RSF) publicaron os seus balances sobre asasinatos e encarceramento de xornalistas no 2025. Con criterios lixeiramente distintos, RSF recolle o asasinato de 67 profesionais dos medios (3 deles mulleres) no que vai de ano, mentres que o relatorio FIP documenta un total de 111 xornalistas asasinados (7 mulleres); mais ambas as dúas organizacións apuntan a Gaza como o territorio máis perigoso para a profesión ao exército israelí como responsábel de case a metade das mortes: un 46% segundo a FIP, un 43% de acordo cos datos de RSF. Os dous informes destacan así mesmo un aumento dos asasinatos de xornalistas e encadráno nun clima crecente de restrición do dereito a información.