Marrocos denega a Ali Lmrabet o permiso de residencia e, polo tanto, a posibilidade de exercer o xornalismo
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia denuncia o acoso que sofre Ali Lmrabet, o primeiro galardoado co Premio José Couso de Liberdade de Prensa, en 2005, por parte das autoridades de Marrocos para que non exerza a súa profesión.