O Colexio de Xornalistas respalda aos traballadores de La Voz Galicia ante as rebaixas salariais que quere impor a empresa
O persoal de La Voz de Galicia mantén un conflito coa empresa, que se concretará en medidas de protesta como unha manifestación de traballadores, extraballadores e familiares o vindeiro domingo día 7 de xullo na cidade da Coruña e a convocatoria de folga para o 10.