O Colexio de Xornalistas solicita da xerente do Sergas en Ourense a retirada da orde que pretende instaurar a censura previa
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, insta a Eloína Núñez, xerente de xestión integrada do Sergas en Ourense, a retirar a orde de réxime interna que asinou e remitiu o pasado 22 de xaneiro aos xefes de servizo dos hospitais, para que a comunicasen a todos os profesionais e traballadores sanitarios, sobre relación cos medios de comunicación.