O Colexio de Xornalistas lamenta o peche do diario Galicia Hoxe e manifesta a súa preocupación polos despedimentos dos seus traballadores
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o peche da versión en papel de Galicia Hoxe, que deixará de estar nos quioscos a partir de mañá como consecuencia, segundo sinalan no seu propio web, da "crise económica e radical recorte das axudas institucionais".