VI Edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para xornalistas noveis
Do ao
A nova edición da bolsa 'Nacho Mirás', organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, continúa co obxectivo de apoiar proxectos xornalísticos de novos e novas tituladas en Ciencias da Comunicación ou Xornalismo. O proxecto conta tamén coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Poderán concorrer a esta convocatoria titulados nos últimos anos (2021, 2020, 2019, 2018 ou 2017) en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, con proxectos inéditos e sen ningún outro tipo de financiamento nin privado nin público. Poderase presentar calquera proposta de traballo xornalístico (reportaxe escrita, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos, ou relacionados coas novas tecnoloxías), iniciativa para un novo medio ou proxecto que teña como finalidade a información e a comunicación. A bolsa ten unha dotación de 6.000 euros, que poderá ser dividida se o xurado considera que entre os proxectos presentados teñen unha valía parella ou ningún é merecedor da totalidade.
A recepción de propostas está aberta até o 30 de xuño de 2021. As persoas interesadas deben enviar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal o formulario de inscrición, a fotocopia do título (ou copia do expediente para os estudantes de último curso), unha descrición do proxecto e cronoloxía de traballo, o orzamento estimado e unha nota sobre o autor ou autores, que poderá acompañarse dun breve currículo de cada un de eles. Valorarase que o proxecto se materialice en galego, ser membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que poida supor unha solución profesional para os solicitantes, a viabilidade futura do proxecto, a orixinalidade, a amplitude xeográfica do proxecto, o traballo en equipo e a documentación da memoria.
Esta iniciativa leva o nome do xornalista, colexiado do CPXG e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Nacho Mirás, que sempre defendeu a valía dos novos xornalistas, o espírito de facerse valer, de formase o máximo posible e defender así o posto de informador, de xornalista. Esta bolsa pretende ser un pequeno empuxe para eles, para que atopen o seu camiño profesional.
Primeira edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
MediaMapa.Gal, proxecto gañador da primeira edición.
Punto e volta, proxecto gañador da primeira edición.
Segunda edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
Feira, proxecto gañador da segunda edición.
Terceira edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados.
Pícaros.gal, proxecto gañador da terceira edición.
Cuarta edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados
Entrelinguas, proxecto gañador da cuarta edición
Quinta edición da Bolsa 'Nacho Mirás' para novos titulados
éDeporte, proxecto gañador da quinta edición