Xornalismo na Escola
Do ao
As xornadas impartiranse nun total de 60 I.E.S de toda a comunidade entre escolares de 3º e 4º da Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), e ofértanse aInstitutos de Ensino Secundario (IES) de calquera parte da xeografía galega. O obxectivo de 'Xornalismo na Escola' é introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día.
Os talleres estarán impartidos por colexiados ou colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que se atopen en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración. Cada un dos seis xornalistas seleccionados impartirá o taller a 10 grupos diferentes de alumnos, cunha duración hora e media cada un.
Este proxecto é posible a un convenio de colaboración coa Obra Social 'la Caixa', quen leva realizando dende fai anos este mesmo proxecto en Cataluña, Madrid e Sevilla.