'Aerosois e Covid-19'

Do ao

Horario: Mércores 18 de novembro ás 20:00 horas

Lugar: https://www.youtube.com/watch?v=3hJfa4XQWzk

O Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense (ICOMOu) organiza a conferencia Aerosois e Covid-19, impartida por José Luis Jiménez. A ponencia terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20:00 horas a través da canle de Youtube do ICOMOu. 

Un dos investigadores máis reputados a nivel mundial no campo dos aerosois, o zaragozano José Luis Jiménez é doutor en Enxeñaría polo MIT e catedrático de Química e Ciencias Medioambientais na Universidade de Colorado en Boulder. Na súa ponencia informará do que sabe a ciencia sobre a transmisión por aerosois da Covid-19 e as medidas de protección contra o contaxio por esta vía. 

Jiménez estará presentado polo doutor Serafín Romero, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos, e o acto estará moderado polo doutor José Luis Jiménez Martínez, presidente do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense.

O acto poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense.