"Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas"

Do ao

Horario: Do 8 de marzo ao 5 de abril, das 8:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 20:30 horas de luns a venres e das 10:00 ás 14:00 os sábados

Lugar: Biblioteca Pública Miguel González Garcés. Rúa Miguel González Garcés, 1. 15008 A Coruña

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia organiza a exposición "Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas", que recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes. A mostra estará aberta do luns 8 de marzo ao luns 5 de abril na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, 1).

A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morais, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Igrexas, Concepción Arenal, Clara Curral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez.

A exposición estará aberta no horario da biblioteca, das 8:30 ás 14:00 e das 16:00 ás 20:30 horas de luns a venres e das 10:00 ás 14:00 os sábados, e o acceso é gratuíto.