13º premio de xornalismo solidario Memorial Joan Gomis

Do ao

Información de contacto:

Justícia i Pau
c/ de Roger de Llúria, 126, 3-1
08037 Barcelona
memorialjoangomis@gmail.com

As diferentes entidades impulsoras do Premio de Xornalismo Solidario Memorial Joan Gomis abren a convocatoria da décimo terceira edición do galardón, que consta de duas modalidades: a obras xornalísticas e à toda unha traxectoria. A dotación é de 1.500 euros para cada categoría.

Na primeira modalidade premianse obras xornalísticas escritas ou audiovisuais, de calquera xénero, em catalán ou castelán, inéditas ou publicadas (posteriores ao 1 de xaneiro de 2017) que informen e fagan visíbel  o traballo de persoas, instituicións ou colectivos que loiten contra as desigualdades, a pobreza e a exclusión social, e que destaquen o seu compromiso ou actividades a favor da solidariedade, a paz, os direitos humanos ou o entendemento entre culturas e relixións. En canto á segunda categoría, recoñece traxectorias xornalísticas de persoas, instituicións, medios, programas, seccións periódicas ou iniciativas que mostren compromiso cunha información que promova os valores solidarios do certame.

As candidaturas para ambas modalidades deben entregarse por correio electrónicoa memorialjoangomis@gmail.com, incluíndo datos persoais e de contacto dos autores. No caso das obras audiovisuais, poden enviarse tamén cinco copias em DVD ou similar apoio electrónico (USB) no enderezo da sede de Justícia i Pau: c/ de Roger de Llúria, 126, 3-1, 08037 Barcelona. O prazo para presentar candidaturas remata o 30 de xullo. 

Máis información nas bases do premio