15º premio de xornalismo solidario Memorial Joan Gomis

Do ao

Información de contacto:

memorialjoangomis@gmail.com

As diferentes entidades impulsoras do Premio de Xornalismo Solidario Memorial Joan Gomis abren a convocatoria da décimo quinta edición do galardón, que consta de duas modalidades: a obras xornalísticas e à toda unha traxectoria. A dotación é de 1.500 euros para cada categoría.

Na primeira modalidade premianse obras xornalísticas escritas ou audiovisuais, de calquera xénero, en catalán ou castelán, inéditas ou publicadas (posteriores ao 1 de xaneiro de 2019) que informen e fagan visíbel o labor de persoas, institucións ou colectivos que loiten contra as desigualdades, a pobreza e a exclusión social, e que destaquen o seu compromiso ou actividades a favor da solidariedade, a paz, os dereitos humanos ou o entendemento entre culturas e relixións. En canto á segunda categoría, recoñece traxectorias xornalísticas de persoas, instituicións, medios, programas, seccións periódicas ou iniciativas que mostren compromiso cos valores solidarios do certame.

As candidaturas para ambas modalidades deben presentarse a través do formulario web. O prazo para presentar candidaturas remata o 15 de xullo de 2020. 

Máis información nas bases do premio