29 Premio de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña

Do ao

A ONG Médicos do Mundo España lanza o 29.º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, un galardón que recoñece os mellores traballos fotográficos que denuncian e visibilizan as realidades máis silenciadas do mundo actual: conflitos armados, crises migratorias, pobreza, exclusión, pandemias, violencia de xénero ou desastres naturais, entre outros.

As fotografías presentadas deberán narrar unha historia relacionada con algún destes temas: a saúde, os desastres naturais, a acción humanitaria, a cooperación internacional, a exclusión social, a vulneración dos dereitos humanos, os conflitos armados, os colectivos vulnerables, as poboacións refuxiadas e/o poboacións migrantes. O premio está dotado con 6.000 euros e as obras seleccionadas formarán parte dunha exposición internacional e do catálogo da edición.

A inscrición está aberta até o 10 de outubro a través da plataforma Picter, e debera ir acompañada da seguinte documentación: datos persoais e de contacto, biografía, unha serie fotográfica de entre 5 e 10 imaxes, descripción da serie presentada e pés de foto das imaxes.

Máis información nas bases do premio.