35º Premio de Xornalismo do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid

Do ao

Información de contacto:

Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid
Costa de San Vicente, 4, 6ª planta
28008 Madrid

O Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid convoca a 35ª edición do Premio de Xornalismo, ao que poden concorrer os xornalistas ou psicólogos autores de traballos que contribúan á divulgación da psicología e que foran difundidos durante o ano 2016 a través dalgún medio de comunicación.

Estabelécense dous premios coa seguinte dotación económica: Premio de Comunicación, con 2.000 euros, e o Premio Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid, con 5.000 euros.Así mesmo, a proposta do xurado, vai adxudicarse un premio sen dotación económica: o Premio Especial ao Mellor Labor de Divulgación da Psicoloxía.

As persoas interesadas en optaren ao galardón deberán presentar os traballos, antes do 28 de febreiro de 2017, na sede do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid (Costa de San Vicente, 4, 6ª planta. 28008 Madrid). É necesario, segundo se estabelece nas bases, presentar cinco copias de cada traballo.

Máis información nas bases do premio.