44 Premio Enrique Ferrán de artigos xornalísticos
Do ao
Información de contacto:
El Ciervo
c/ Calvet, 56, enlo. 3ª
08021 Barcelona
redaccion@elciervo.es
A revista El Ciervo convoca o 44 premio de artigos xornalísticos Enrique Ferrán, que este ano se realiza baixo a temática “O planeta, en perigo”.
A extensión dos artigos, que deben ser inéditos, será de mil palabras como máximo. O xurado valorará, ademais das boas ideas, a frescura e a claridade do estilo.
O premio está dotado con 1.000 euros e os traballos deberán ser enviados antes do 11 de novembro por correo postal a: El Ciervo, c/ Calvet, 56, enlo. 3ª, 08021 Barcelona, ou por correo electrónico a: redaccion@elciervo.es (no asunto da mensaxe deberá constar “Premio El Ciervo-Enrique Ferrán”).
Máis información nas bases do premio.