5º Foro da Comunicación de Galicia

Do ao

Horario: Venres 10 de novembro a partir das 9:45 horas

Lugar: Expourense. Finca Sevilla, s/n. 32005 Ourense

Información de contacto:

Expourense
988 36 60 30
comunicacion@expourense.org
www.expourense.org

Expourense organiza, co apoio de numerosos profesionais e entidades integradas no Comité Asesor, entre as que se encontra o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a quinta edición do Foro da Comunicación de Galicia, que terá lugar o 10 de novembro no recinto da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Finca Sevilla, s/n).

De forma complementaria ao programa de conferencias e debates, existirá un área expositiva onde estarán representados os sectores da publicidade, colexios oficiais, asociacións de prensa e xornalistas, academias de audiovisuais, clústers, medios de comunicación (prensa, radio, televisión), axencias e consultoras de comunicación, community managers e as universidades galegas.
 
O foro ten aberto o prazo de inscricións, a través do correo electrónico comunicacion@expourense.org ou do teléfono 988 36 60 30. Máis información na web de Expourense.
 
Programa 5º Foro da Comunicación de Galicia
 
09.45 h.- Apertura.
 
10.00 h.- Conferencia inaugural: “Os desafíos do comunicador, aínda que sexa de marketing".
Presenta: Amalia Baltar. Presidenta de DIRCOM Galicia.
Imparte: José Manuel Velasco. Presidente da Global Alliance for Public Relations and Communication Management. Coach executivo de comunicación.
 
10.45 h..- Mesa redonda: “Comunicación e Innovación: Informar máis e mellor’: 
Modera: Chechu Pérez. Asesor da Secretaria Xeral de Medios.
Patricia Argerey. Directora xeral da Axencia Galega de Innovación-GAIN. Xunta de Galicia. 
Ana Bellón. Xornalista e responsable de Comunicación de CSIC Galicia. 
Raúl Romar. Xornalista de La Voz de Galicia. 
 
11.45 h.- Pausa.
 
12.00 h.- Mesa sobre e-business. Empresas que naceron e medraron na era dixital.
Modera: Alberto Garnil. Socio director de ICONWEB.
La Tienda de Valentina. Sergio Valero, CEO e Director de Estratexia Online e Beatriz Sánchez, CEO e Xerente.
Carrick Bracelets. Brais Comesaña. Co-fundador.
Google. Adolfo Fernández. Responsable de Desenvolvemento do Negocio en España e Portugal.
 
13.00.- Obradoiro sobre tendencias en redes sociais. 
Modera: César González. Vicepresidente de AJE-Ourense e CEO de Contact Comunicación.
Óscar Sánchez. Influencer en Redes Sociais.
Laura Mª. Vázquez. Directora de Servicios al Cliente en Roi Scroll. Especializada en comunicación online orientada á xeración de influencia social e engagement.
 
14.15 a 16.00 h.- Tempo libre para o xantar.
 
16.00 h.- Mesa redonda: Modelos de cambio en Marketing e Comunicación. 
Modera: Fuencisla Cid. DIRCOM e consultora de comunicación en EOSA.
Cecilia Díaz. Directora de marketing en Europa de Blackberry.
Pepe Cabanas. CMO de Hijos de Rivera.
 
17.15 h.-  "Algo Azul". Intervención de Pepe Barro. Deseñador Gráfico. 
Presenta: Óscar Otero. Presidente da Asociación Galega de Deseñadores, DAG. 
 
18.00 a 18:45 h.: Intervención de José Luis Zamorano. Publicista e Fundador de Tándem e Contrapunto.
Presentan: Julián Abad, director creativo de Lamarck Publicidad e Jaime Conde, presidente de Creatividade Galega.
 
18.45 a 19.30 h.: Intervención de Juan Vázquez. CEO de Martín Códax. 
Presenta: Jorge Pallarés. Secretario Xeral de Markea – Asociación Galega de Marketing.
 
20.30 h .- Gala de entrega dos II Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing de Galicia.