Actividades do 18º Premio Luis Ksado de Fotografía

Do ao

A Deputación da Coruña organiza unha serie de actividades arredor do décimo oitavo premio Luis Ksado de fotografía, que terán lugar ao longo do mes de outubro en Santiago de Compostela e A Coruña. 

O Centro Ágora da Coruña acollerá dous obradoiros, o primeiro deles o día 8 de outubro con Chema Madoz, Premio Nacional de Fotografía, e o segundo o 9 de outubro con Sandra Balsells, Premio Ortega y Gasset El Pais. Ambos os dous realizaranse en horario das 16:30 ás 20.00 horas. A inscrición para os obradoiros é gratuíta e está aberta na web da Deputación.

Ademais, o día 3 de outubro ás 12:00 horas celebrarase no salón de plenos da Deputación da Coruña o acto institucional de recoñecemento como fotógrafo histórico a Luis Zamora. Ás 19:00, celebrarase tamén na Real Academia de Belas Artes, unha mesa redonda de homenaxe na que participarán a deputada de cultura, Natividade González; o comisario do premio Ksado, Xurxo Lobato; o fillo de Luis Zamora, José Luis Zamora, e o historiador da fotografía galega Manuel Sendón.

As fotos gañadoras e finalistas do 18º premio Luis Ksadó expoñeranse no Museo do Pobo de Santiago de Compostela, nunha mostra que se inaugurará o mércores 2 ás 19.00 horas.