Actividades do XIX Premio Luis Ksado de Fotografía
Do ao
A Deputación da Coruña organiza unha serie de actividades arredor do décimo noveno premio Luis Ksado de fotografía, que terán lugar ao longo do mes de outubro en Santiago de Compostela e A Coruña.
O Centro Ágora da Coruña acollerá dous obradoiros, o primeiro deles o día 9 de outubro con Gervasio Sánchez e o segundo o 10 de outubro con Alberto García Alix, ambos os dous galardoados co Premio Nacional de Fotografía. Os obradoiros realizaranse en horario das 16:30 ás 20.00 horas e a inscrición, gratuíta, está aberta na web da Deputación.
Ademais, o mércores 1 de outubro ás 19:00 horas inaugúrase a exposición que recolle as fotos gañadoras e finalistas do XIX premio Luis Ksado, no Museo do Pobo de Santiago de Compostela. Ese mesmo día ás 12:30 celebrarase na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela unha conferencia de Juan de Quintana, gañador da décimo novena edición do premio.
O programa de actividades do premio Luis Ksado remata coa homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez, que se celebrará ás 19:00 no Museo do Pobo Galego coa presenza da deputada de cultura, Natividade González; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e o fotohistoriador Carlos Castelao, baixo a moderación de Xurxo Lobato.