Acto de entrega dos Premios Manuel Beiras

Do ao

Horario: Luns 16 de decembro a partir das 20:00 horas

Lugar: Teatro Principal. Rúa Nova, 21. 15705 Santiago de Compostela

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio organizan o luns 16 de decembro o acto de entrega dos Premios Manuel Beiras, en cuxo xurado participa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O acto vai ter lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 21) a partir das 20:00 horas, e estará conducido polo actor Carlos Blanco. 

Para asistir é preciso enviar confirmación ao correo electrónico comunicacion@camaracompostela.com.

Os Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación, fan este 2019 vinte anos de traxectoria continuada. Ao longo das 19 edicións anteriores galardoáronse empresas dos máis diversos sectores e tamén se recoñeceu a achega de persoas e entidades que contribuíron dalgún xeito á normalización da lingua no ámbito socioeconómico, sempre de acordo coas bases que o rexen.