Bolsas do Instituto Reuters para estudos de Xornalismo

Do ao

Información de contacto:

philippa.garson@policies.ox.ac.uk

O Instituto Reuters para o Estudo do Xornalismo lanza unha nova convocatoria do seu programa de bolsas para xornalistas con polo menos cinco anos de experiencia profesional. A bolsa poderá ter unha duración de tres ou seis meses, e poderá cursarse en outubro de 2021, xaneiro de 2022 ou abril de 2022.

Durante o periodo que dure a bolsa, os xornalistas non poderán ter outra dedicación profesional. Os solicitantes seleccionados recibirán un estipendio mensual de 2.000 libras para cubrir os gastos de aloxamento, comida e outros custos. A beca tamén cobre o custo a viaxe cara a e desde o Reino Unido.

As solicitudes pódense realizar até o 8 de febreiro de 2021 a través do formulario web, incluíndo unha declaración persoal sobre o interese no programa, unha proposta de proxecto de traballo, dúas referencias profesionais e o currículo. No caso de non ter o inglés como primeiro idioma, cómpre presentar certificados do nivel axeitado.

Máis información na web do programa.