Compostela, un ano de Voz

Do ao

Lugar: Paseo central da Alameda. 15706 Santiago de Compostela

O paseo central da Alameda de Santiago de Compostela acolle a vixésimo segunda edición da exposición fotográfica Compostela, un ano de Voz, que recolle as imaxes máis destacadas dos últimos doce meses capturadas polo obxectivo dos fotoxornalistas de La Voz de Galicia Xoán A. Soler, Sandra Alonso, Paco Rodríguez e Merce Ares. A mostra poderá visitarse do 24 de xaneiro ao 15 de febreiro.

A exposición conta con oitenta imaxes en gran formato ordenadas cronoloxicamente e distribuídas en vinte cubos de estrutura metálica de 1,50 metros de ancho por 2,20 metros de alto. As fotografías van acompañadas dun texto explicativo, ademais da data. Compostela, un ano de Voz está organizada por La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Consorcio da Cidade.

Máis información aquí.