Comunicar en Igualdade 2019

Do ao

A Xunta de Galicia convoca o premio Comunicar en Igualdade 2019 co obxectivo de recoñecer aqueles traballos xornalísticos que contribúan á defensa e a difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero.

O premio consta de dúas modalidades: unha para profesionais do xornalismo e outra para alumnado universitario. No caso dos profesionais, premiarase aos mellores traballos informativos ou serie de pezas elaboradas individual ou colectivamente, segundo criterios de "calidade, esforzo investigador e de sensibilización e debido tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre a violencia de xénero". Os traballos deberán ser orixinais e en galego e poderán optar a un premio de ata 6.000 euros. Pola súa banda, a categoría de alumnado está aberta a calquera estudante do Sistema Universitario de Galicia no curso 2018-2019. O premio outorgarase aos mellores traballos xornalísticos e ascenderá ata 4.000 euros.

Cada participante poderá presentar un único traballo, antes do 16 de setembro de 2019, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Máis información nas bases do premio